xoves, 7 de marzo de 2024

Aquí tamén se fala

 A campaña de dinamización lingüística "Aquí tamén se fala" conta con catro novas incorporacións!


Desbroces Vilas


Reformas Felipe Egas


Talleres Peal


Centro de Día de Mondariz


Moitas grazas pola participación!

martes, 5 de marzo de 2024

Aquí tamén se fala

 Continúan as achegas á nosa campaña de dinamización lingüística!

Librería papelería Santa Eulalia


Mondariz Sport Club


Panadería Cendón


O Refuxio



Moitas grazas ás persoas participantes!

xoves, 29 de febreiro de 2024

Semana da muller e a nena na ciencia

   Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o día 11 de febreiro, realizáronse ao longo de varias xornadas diversas actividades no CPI, entre elas un xogo de busca do tesouro a partir dos carteis que elaborou o alumnado da ESO para divulgar a vida e a obra de científicas destacadas.

   Unha vez realizada a actividade, os pósters foron expostos no taboleiro do EDLG:









luns, 26 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

  O alumnado de EP e ESO do CPI de Mondariz celebrou o Día de Rosalía mediante a elaboración dun mural cun retrato decorado cos versos da autora que cada grupo escolleu.

  Aquí está o mural completo canda algunhas fotos do seu proceso de elaboración:












xoves, 22 de febreiro de 2024

Aquí tamén se fala

Continuamos recibindo apoios á campaña!

Transalnovo S. L.

 

Peluquería Martoni


Carpintería Fran


Moitas grazas por participar!

mércores, 21 de febreiro de 2024

Aquí tamén se fala

 Temos dúas novas colaboracións coa nosa campaña de dinamización lingüística:

Farmacia de Mondariz

 

Obradoiro de Gaitas Gil


Moitas grazas a todas as persoas participantes!


luns, 19 de febreiro de 2024

Aquí tamén se fala

 Temos tres novas incorporacións á campaña!

Enotecnia Galicia S. L.

 
 

Supermercado Fina



Ferretería-bazar Mondariz


Moitas grazas!

mércores, 7 de febreiro de 2024

venres, 2 de febreiro de 2024

Aquí tamén se fala

 Outro comercio da vila decidiu sumarse á campaña de dinamización da lingua galega:

Milar - Electrodomésticos Mariano



Moitas grazas!

martes, 30 de xaneiro de 2024

Aquí tamén se fala

"Aquí tamén se fala" é unha campaña para a visibilización da lingua galega organizada polo IES Rafael Dieste, da Coruña, á que se sumaron máis de 170 centros educativos de toda Galicia, entre eles o CPI de Mondariz: https://aquitamensefala.com/

 Ao pouco de comezarmos a campaña, o alumnado do centro xa visitou varios negocios que decidiron colaborar:

A Baiuca:


 

Froitas Lourdes:


 

Salón de peiteado Mari:


Moitas grazas a todas as persoas participantes!

 

domingo, 28 de xaneiro de 2024

Vocabulario de Nadal co Moitoeu

 

 

O Moitoeu regresou polo Nadal cunha saqueta cargada de palabras para estas datas.

Nadal científico!

 O alumnado de Física e Química elaborou unha árbore de Nadal tan alegre e vistosa como formativa!




Concursos de Nadal: postais e marcapáxinas

 A postal gañadora foi a presentada por Leire Blasco, alumna de 1º de Educación Primaria, mentres que o deseño de Katherine Azul García, de 4º ESO A, foi o que resultou elixido como ilustración do calendario marcapáxinas que serviu de obsequio de Nadal para o alumnado do centro.

Quedaron finalistas a postal de Unai Estela, de 1º ESO B, e o marcapáxinas de Katherine Azul García.



 

Ecoloxistas de Mondariz

 O alumnado de 4º de Educación Primaria formou a Patrulla Ecolóxica para concienciarnos sobre o coidado e defensa do medio ambiente en galego!