xoves, 6 de xuño de 2019

ISABEL BLANCO

O 19 de febreiro recibimos no CPI de Mondariz a Visita de Isabel Blanco, a escritora do Libro "Rosaura, a cesteira de Mondariz".

O alumnado tivo o placer de ler este libro, que o achegou a unha profesión tan tradicional como a da cestería a través da historia dunha muller, Rosaura, que viviu en Mondariz.




Coa visita da autora, o alumnado puido coñecer máis de cerca a historia de Rosaura e preguntarlle todas as dúbidas que puidera ter a Isabel Blanco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario