Chegou o Samaín ao CPI Mondariz. O lema que nos acompañará ao longo desde curso será: "Camiño de lendas".
Preparamos algunhas activididades para motivar aos nosos escritores e narradores de lendas, relacionadas coa contorna.
Ademais das historias que os seus maiores lles puideron contar para inspiralos e, como non, asustalos un pouquiño, deixamos a disposición de tod@s a obra Mitos e lendas da Galicia máxica.
Os máis atrevidos disfrazáronse de personaxes míticos do Samaín. O cole enchéusenos de meigas e pantasmas.
Non vimos a ninguén disfrazado do xigante Xerión. Supoñemos que a friaxe matutina da nosa zona non axuda moito...
Deixamos por aquí o cartaz para que ninguén se perda ningunha actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario