Chega o Nadal e con el os nosos concursos.
Instrucións:
1. POSTAIS DE NADAL: A mellor postal será seleccionada para felicitarlle o Nadal a todo o centro.
2. CALENDARIO 2021: O tema principal deste ano é "Camiño de lendas". Deberase realizar un debuxo e un lema relacionado con este tema. Os mellores debuxos e lemas serán seleccionados para o facer o Calendario 2021.
Todas as postais e lemas dos calendarios deberán estar en GALEGO e formato A5 (a metade dun folio / cartolina normal). Deberanse depositar no buzón situado xunto o taboleiro de Dinamización.
A data límite para a entrega é o 10 de decembro.
O buzón xa está á vosa disposición.
ANIMÁDEVOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario