Hai moito tempo vivía no Grove (Pontevedra) un cura ao que chamaban O Meco. Parece que tiña por costume non permitir as vodas se antes a noiva non lle daba un bico.
Un día, unha muller negouse e decidiu pedirlle axuda aos seus veciños. Entre todos, armados con paus e pedras, decidiron botalo da vila. Co medo, o cura fuxiu e disque se refuxiou no monte Siradella.
A xustiza prendeu o noivo da muller aquela, crendo que fora el quen ameazara e forzara o desterro do cura. Mais cando lle preguntaron se esta historia era certa, negouno.
A xente que estaba no xulgado dixo:
—Fomos todos!
O xuíz non puido determinar quen era o culpable, así que non detivo a ninguén.
O Meco non volveu aparecer pola vila.
(Lenda adaptada)
Deixámosvos unha foto do noso Meco, seguindo o protocolo Covid, por suposto. Agardamos que cumprirades coas súas ordes e pasarades un BO ENTROIDO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario