Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI de Mondariz, botamos a andar a comezos de outubro a campaña MOITOEU, coa que pretendiamos, primeiramente, que servise para comezar a funcionar como equipo coa comunidade educativa, en xeral, e co alumnado, en particular.

Cos obxectivos principais de favorecer as actitudes positivas cara á lingua galega e de mostrar o orgullosos que estamos dela, sacamos o MOITOEU ao recreo os días que non chovía e fixemos unhas fotos con el. Mirádeas aquí.
Por outra banda, fomos gravando un vídeo coas mensaxes de todos os membros do CPI de Mondariz que quixeron participar referentes a como somos MOITOEU cando utilizamos o galego para usos cotiáns, académicos, familiares..., usos normais, vaia!
Só nos levou uns segundos gravar o que quixemos dicir, pero o ben que o pasamos!
Graciñas pola participación, polas risas, polo silencio para gravar...
Presentámolo o día da final do concurso CONTRASINAL, do que tamén vos subiremos imaxes a modo de resumo en breve. Mirade o resultado da campaña MOITOEU!
genial el video!!! sobre todo las tomas falsas.....
ResponderEliminar