venres, 8 de novembro de 2013

Ollos de aula (nº 10)


Deixamos aquí no blog do EDLG do CPI de Mondariz o número de novembro de Ollos de aula, a revista para as familias do alumnado editada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Igualmente, quedará cada mes un exemplar en papel no mostrador da conserxería, para que as familias lle boten unha ollada, por exemplo, mentres agardan para recoller o seu fillo. Se queren levar un exemplar, poderanlle pedir unha copia ao conserxe.

Ademais, farémoslla chegar cada mes á ANPA do noso centro, pois Ollos de aula naceu co obxectivo de achegarlles aos pais e ás nais información variada ao redor da educación dos seus fillos/as, para convidalos a reflexionar sobre aqueles temas que lles poden preocupar, pero sen esquecer, loxicamente, as consideracións sobre a nosa lingua e a súa aprendizaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario