martes, 11 de marzo de 2014

Gañadora do concurso "Co galego na túa camiseta"

Tania Durán, de 4º ESO A, foi a gañadora do noso concurso "Co galego na túa camiseta", convocado para recoñecer a camiseta co lema máis creativo e orgulloso da lingua galega. O premio, como non podía ser doutro xeito!, foi unha camiseta personalizada que lle confeccionou o EDLG, ademais do seu diploma acreditativo e outros detalliños.

Parabéns, Tania, e graciñas por participar no obradoiro! Podedes ver a súa camiseta e outras neste vídeo do obradoiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario