venres, 7 de marzo de 2014

Viñetas do Carrabouxo: DÍA DA MULLER

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega colgou nas paredes do corredor de secundaria unha exposición con motivo do Día da Muller. Veunos cedida dende o IES de Mosteirón de Sada e, de feito, naceu con vocación de ir sendo prestada por distintos centros, polo que se outros institutos estades interesados, xa sabedes para outra ocasión.
Consta de 20 viñetas  con ilustracións cheas de ironía e humor acedo do Carrabouxo. Debaixo, levan unha lenda para repensar o papel, a imaxe e a valoración das mulleres nos tempos actuais.
Graciñas aos que axudastes a colgala e aí queda a disposición de toda a comunidade educativa e, en especial, para a materia de Educación para a cidadanía de 2º ESO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario