xoves, 8 de maio de 2014

Retransmite o deporte en galego!


Dende o CPI de Mondariz, sumámonos dun xeito especial á campaña "Gústame o galego de primeira". Nela, o Real Club Celta, a Fundación Celta de Vigo, a Universidade de Vigo e mais o Concello de Vigo, en colaboración coa CTNL, uníronse para levar a cabo esta acción dinamizadora da lingua galega que coutou cuns notables protagonistas: xogadores, técnicos e afección. 

 

Se neses primeiros momentos foron Borja, Toni, Álex, Bermejo ou Gudelj aos que lles gusta que o galego soe en Balaídos, dende Mondariz queremos saber máis sobre as retransmisións deportivas dos partidos do Celta en galego. 
O luns 12 de maio estará co alumnado de Mondariz Xaime Escudeiro, locutor deportivo da Radio Galega, o xornalista que retransmite os partidos do Celta. E Marta Souto, traballadora da Concellaría de Normalización Ligüística do Concello de Vigo, falaralles da campaña "Gústanos o galego de Primeira".

Ningún comentario:

Publicar un comentario