xoves, 19 de xuño de 2014

O circo das animaladas, por MOITOEU! TEATRO

Este é o resultado dun traballo por proxectos co grupo de 3º ESO PDC: introdución á cultura teatral e ao texto dramático, obradoiro de escrita dramática, procesador de textos, montaxe dun espectáculo, imaxe publicitaria, modulación e traballo vocal. E moito moito traballo en equipo.

Impulsada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, creouse no CPI de Mondariz a compañía MOITOEU! TEATRO, unha denominación que segue o ronsel doutra campaña de normalización no centro.

Esta peza de monicreques, da que tendes o texto nestoutra entrada, foi representada no final do 2º trimestre e mais na Xornada de Portas Abertas para as familias de final de curso. Foi ideada pensando en público prelector (Educación Infantil e 1º/2º Primaria). Ao final da representación agasallámolos cuns debuxiños para que eles tamén pinten, pero non a mona, coma o pallaso Picasso do noso circo!

Vede, agora en vídeo, a obra O circo das animaladas, de MOITOEU! TEATRO ou, o que é o mesmo, alumnado de 3º ESO PDC do curso 2013-2014 do CPI de Mondariz.




E agora podedes ver unhas imaxes do "como se fixo" desta peciña de monicreques:


Ningún comentario:

Publicar un comentario