venres, 18 de maio de 2018

SERÁN

Este ano para conmemorar as Letras Galegas, o xoves 16 de maio, organizamos o I Serán das Letras Galegas!

Desde as 10 da mañá, Infantil e Primaria, desfrutamos do concerto de Xoán Curiel; tras un descanso para degustar as sobremesas que aportaron as familias e o profesorado do centro; comezaron as actuacións dos grandes músicos que temos no centro: tanto de alumnado coma de profesorado. Ao remate das cancións dos nosos artistas, comezou o concerto de Xoán Curiel para Secundaria.

Foi unha xornada de homenaxe as Nosas Letras nas que todo o cole desfrutamos da música e cultura galega.

Mirade este día en fotos: pinchando aquí!




Ningún comentario:

Publicar un comentario