xoves, 6 de xuño de 2019

AS LETRAS GALEGAS- ANTONIO FRAGUAS

O 17 de maio de cada ano festéxase o día das nosas letras, as LETRAS GALEGAS!



Aínda que o propio Día das Letras Galegas é o 17 de maio, ao longo da semana do 13 ao 17 no centro realizáronse actividades en conmemoración de Antonio Fraguas, o homenaxeado este ano. 

Para elo propúxose un xogo no que o alumnado puido participar ao longo desta semana. Este xogo permitiu coñecer as raíces de Antonio Fraguas, a súa formación, a participación na vida cultural galega e a súa aportación ás nosas letras.


Como vedes nas imaxes, coa axuda das tablets o alumnado buscou a información sobre o autor a partir duns códigos QR que se atopaban dispersos polo corredor principal do centro.




Finalmente un nutrido grupo de alumnos/as de 5º A de EP resultaron gañadores do concurso de Códigos QR, estes foron:
  •  Tania Barcia Vilas.
  • Pedro Bernárdez Casal. 
  • Diego Carrera Faro. 
  • Lucas Díaz Gómez. 
  • Manuela Alonso Barros. 
  • Álex Martínez Fernández. 
  • Miguel Fernández Avelar. 

Coma sempre, agradecemos a participación de todo o alumnado! 😊

Ningún comentario:

Publicar un comentario