xoves, 6 de xuño de 2019

ENTROIDO

Xa chegou un dos mellores momentos do ano!! Aquel no que podemos converternos en todo aquilo que queiramos, o MECO manda!!

Como nos gusta tanto o Entroido, no CPI de Mondariz non nos conformamos cun só día de celebración e o Meco é quen decide: en pixama, de estrafalarios, preparados para o verán... e sen olvidarnos da nosa temática principal, "O noso monte". 



Baixo este lema saimos a pasear o venres 1 de marzo de 2019 polas rúas de Mondariz, onde cada curso luciu as súas creacións. Dende formiguiñas, animais do monte ou abellas ata leñadores e mouchos, entre outros.

Como o tempo acompañou poidemos facer no patio do centro a exquisita e tradicional degustación de doces que as familias do alumnado elabora. Estaba todo de rechupete! 😛

Tamén aproveitamos para facer o desfile de disfraces.




Ningún comentario:

Publicar un comentario