xoves, 18 de febreiro de 2021

Día da Paz: Sadako e a lenda das 1000 grúas

A nosa pequena homenaxe ás 1000 grúas de Sadako.



Sadako Sasaki tiña apenas dous anos cando caeu unha bomba na súa cidade, Hiroshima. Unha década despois, por mor da irradiación que lle produciu a bomba, foille diagnosticada leucemia. Cando estaba no hospital recuperándose, a súa amiga Chizucho explicoulle a lenda xaponesa das 1.000 grúas de papel. Consiste en que se tes un enorme desexo e elaboras as mil grúas con origami (papiroflexia), os deuses concederancho. Así, Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír as 1.000 grúas, mais non o logrou porque faleceu cando levaba 644.

Os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e se conseguise a paz entre todos os países do mundo. Tres anos despois da morte Sadako, os nenos e nenas da cidade de Hiroshima adicáronlle unha estatua cunha grúa na súa man (Parque da Paz).







Ningún comentario:

Publicar un comentario