luns, 2 de xaneiro de 2023





VOLVEMOS DE VISITA AO CENTRO DE DÍA DE MONDARIZ

A postal gañadora para a felicitación de Nadal deste ano, cuxa autora xa dixemos que é Mafe (1º ESO B), chegou ao Centro de Día de Mondariz para que cada usuaria e usuario recibisen os nosos mellores desexos. Elas e eles tamén quixeron agasallarnos coa súa postal, polo que estamos moi agradecidos.

A propia Mafe e outras compañeiras e compañeiros de 2º da ESO A foron as e os enviados especiais para facer a entrega.





Ningún comentario:

Publicar un comentario