martes, 30 de xaneiro de 2024

Aquí tamén se fala

"Aquí tamén se fala" é unha campaña para a visibilización da lingua galega organizada polo IES Rafael Dieste, da Coruña, á que se sumaron máis de 170 centros educativos de toda Galicia, entre eles o CPI de Mondariz: https://aquitamensefala.com/

 Ao pouco de comezarmos a campaña, o alumnado do centro xa visitou varios negocios que decidiron colaborar:

A Baiuca:


 

Froitas Lourdes:


 

Salón de peiteado Mari:


Moitas grazas a todas as persoas participantes!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario