xoves, 17 de outubro de 2024

Venres musicais!

  No curso 2024-25, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega bota a andar unha nova actividade: os venres musicais! Durante os recreos dos venres soará música en galego no patio do CPI. O alumnado poderá propor os temas que máis lle presten nos comentarios do blog, e os máis votados ao longo da semana pasarán a formar parte da lista que se reproducirá nos recreos. Este venres estreamos a actividade con algunhas cancións propostas polos membros do Equipo de Dinamización: 

  "Fisterra", na versión de Baiuca e Carlangas:

 

 

  "Figa", das Tanxugueiras:

 

  "Ilha Formosa", de The Homens:

 

  "Lisístrata", de Fillas de Cassandra:


Aquí tendes a lista de reprodución, que irá aumentando ao longo do curso.

Esperamos as vosas propostas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario