Bo día a todas e todos.
Imos dar comezo á actividade dos venres musicais, que xa vos ten que ser coñecida doutros anos. Non obstante, para o alumnado novo no centro, explícovos en que consiste:
O alumnado de todos os cursos fará propostas de música en galego e escoitaremos esas cancións no recreo dos venres. As cancións poden ser de calquera xénero musical, a única condición que existe é que estean en galego.
Este venres, a proposta virá dende o Equipo de Dinamización Lingüística e escoitaremos estas cancións:
Saco de pulgas, de Mondra
Ambiente, de Rhome e Verto
Heroes da resistencia, de Nao Galiza
Esperamos que vos gusten e que propoñades moitas máis!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario