luns, 27 de xaneiro de 2014

OBRADOIRO "Co galego na túa camiseta"

Enmarcado na iniciativa de TARDES CREATIVAS que impulsou o Equipo de Biblioteca do CPI de Mondariz neste curso 2013-2014, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou un obradoiro de camiseta con lemas ou ditos en galego, para presumir de lingua incluso na roupa que vestimos acotío.

Así, nas tardes do 21, 22 e 23 de xaneiro, e logo da charla inspiradora de Caramuxo, xuntámonos para pensar expresións galegas, trasladalas á prenda e lucilas logo con orgullo nas nosas camisetas. Para facelas, seguimos varias técnicas. Uns optaron por calcar o deseño e o lema dun papel á tea, para logo pintar por encima con pintura de tea. Outros preferiron a técnica que vos deixamos nesta ligazón, que consiste en recortar as letras do lema, encher os ocos de lascas de ceras duras e despois pasarlle o ferro para adherir a pintura á tea. Se temos paciencia coa coitela, logo o demais vai rápido!


Ningún comentario:

Publicar un comentario