xoves, 6 de febreiro de 2014

Club de lectura en galego: A miña planta...

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais o da Biblioteca levan da man a sección do Club de Lectura  O fío das palabras para 1º e 2º ESO. Nel, lemos en galego e A miña planta de laranxa lima foi a escolla para a primeira lectura, con exemplares emprestados por Viblios, do IES de Viós (Abegondo) e do Club de Lectura do IES de Elviña (A Coruña), aos que lles agradecemos a colaboración.
Como resumo da rabuñadura que nos fixo na alma o pequeno e gran Zezé, protagonista de A miña planta de laranxa lima, gravamos este vídeo, que inclúe a lectura expresiva do fragmento co que xa non aguantamos máis as ganas de chorar.
Ata a próxima entrega do Club de lectura en galego de 1º e 2º ESO! Agora estamos metidas nas fantásticas aventuras dos Megatoxos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario