mércores, 9 de abril de 2014

Co galego no noso graffiti



Con esta actividade, en colaboración co Departamento de Educación Plástica e Visual, quíxose dinamizar o uso do galego na adolescencia desde unha perspectiva creativa, asociando o uso do galego coa modernidade, a cultura urbana e as expresións artísticas máis actuais.
O alumnado de 4º ESO elaborou un mural na parede do fondo da súa aula, a modo de poema visual, acompañando unha imaxe dun texto breve en galego, de xeito que para esta promoción e para as vindeiras a lingua adquira un novo atractivo da man dun modo de expresión máis moderno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario