xoves, 10 de abril de 2014

MOITOEU! TEATRO: MONICREQUES

Agora, no CPI de Mondariz somos MOITOEU! cando facemos teatro, e de monicreques! 
A compañía MOITOEU! TEATRO vai representar a peciña O circo das animaladas para alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. Será o venres 11 de abril.
Os autores do texto dramático e os actores e actrices?! O alumnado de 3º ESO B, que fixeron unhas camisetas ben chulas, agora que saben!
  
Horario das funcións:
- 10:00, Infantil 3 anos. 
- 10:30, Infantil 4 anos. 
- 11:00, Infantil 5 anos. 
- 11:45, pase para todos os públicos, no recreo. 
- 13:00, 1º Primaria. 
As representacións faranse na biblioteca, un espazo todoterreo da man da lectura. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario