Festa do Farol ou de San Martiño
A orixe
Esta festa ten a súa procedencia en países como
Alemaña ou Suíza, onde a vivencia do paso do tempo, os cambios de
estación e as festividades coma esta están moi presentes.
Celébrase o día 11 de novembro e o seu
simbolismo é fermosísimo.
En novembro o outono xa está asentado, os días
van sendo cada vez máis curtos, polo que hai un proceso de
interiorización e de busca da luz interior importante, que nos
acompañará ata que os días volvan medrar.
Esta festa apela a esa busca da luz interior cando
a exterior é escasa ou está ausente. O neno, a través do faroliño,
represéntaa simbolizando esa luz que nos guía a través da
escuridade.
Nas escolas Waldorf, a comezos de novembro comezan
a preparar o ambiente para esta celebración. Elaboran os seus
propios faroliños e, a través de contos e cancións, vanse
preparando para o día.
Existe un conto moi bonito que mesmo se pode
representar cun teatro de mesa, que ten a particularidade de empregar
figuras que representan cada personaxe e, sobre todo, de captar
totalmente a atención dos oíntes. (Tamén me ofrezo para contalo
aos pequenos de infantil e do primeiro ciclo de primaria cun conto de
mesa).
Déixovos a continuación o conto:
«Había unha vez unha nena que levaba o seu farol
brillante e cantaba toda contenta:
—Eu vou co meu farol, e o meu faroliño vai comigo; arriba
brillan as estrelas e abaixo brillamos nós.
Entón chegou o vento asubiando e a luceciña apagando.
—¡Oh! —exclamou a nena—. Quen acenderá o meu farol?
Pero, por moito que buscou, ninguén apareceu.
Que é iso que tanto gruñe? É o amigo oso!
—Querido amigo oso, o vento apagoume o farol. Non sabes de
alguén que mo poida acender?
—Non che podo contestar, tes outros a quen preguntar. Teño que
ir descansar —dixo o oso.
Que é o que esvara pola herba? É un raposo listo e astuto!
—Poderías axudarme a acender o meu faroliño? —preguntou a
nena.
O raposo respondeu:
—De aquí tes que marchar, á túa casa tes que chegar. Debo
esvarar e observar, axiña un rato quero cazar.
A nena sentou nunha pedra e, chorando, dixo:
—Ninguén me quere axudar? As estrelas escoitárona e, dende o
ceo, dixéronlle:
—Ao Sol debes preguntar. El pode contestarche.
Ao amencer, chegou á casiña dunha fiandeira. A nena abriu a
porta e preguntou:
—Sabes o camiño ao Sol?
—Teño que traballar —dixo a fiandeira—. Fíos finos teño
que fiar. Non che podo explicar nin tampouco acompañar.
E moi triste, a nena camiñou e camiñou baixo o Sol.
Ao mediodía chegou á casa dun zapateiro.
—Bos días, querido zapateiro. Coñeces o camiño que leva ao
Sol?
E o zapateiro respondeu:
—Moitos zapatos hai que arranxar. Non hai tempo para repousar.
Non che podo explicar nin tampouco acompañar.
E moi triste, a nena camiñou e camiñou baixo o Sol.
Ao serán, chegou a un monte moi alto. Viviría o Sol alá arriba?
Pero tampouco o atopou. E, cansa de tanto andar, pechou os ollos e
quedou durmida.
O Sol levaba tempo vendo a nena e, mentres ela durmía, inclinouse
e acendeulle o farol.
Entón, a nena espertou e exclamou:
—Oh! O meu farol volve brillar!
E, erguéndose, púxose alegremente en camiño. Camiñando e
alumando, chegou á casa do zapateiro. O zapateiro estaba triste no
seu obradoiro.
—Apagouse o lume, teño as mans ríxidas de frío e non podo
arranxar zapatos —díxolle.
—Eu hei acenderche de novo a luz —dixo a faroleira.
O zapateiro quentou as mans e seguiu martelando e cosendo.
Camiñando e alumando, chegou á casa da fiandeira.
—Apagouse a miña luz —dixo a velliña—. Xa non podo seguir
fiando.
—Eu hei acenderche de novo a luz —dixo a nena ledamente.
O cuarto iluminouse e a fiandeira seguiu fiando finos fíos.
Camiñando e alumando, chegou a nena de volta ao bosque. Todos os
animais espertaron polo resplandor. O raposiño fociñou e mirou a
luz con moita curiosidade. O oso gruñiu e acurrucouse na súa cova
de inverno.
A nena volveu alegremente para a casa cantando:
—Eu vou co meu farol, e o meu faroliño vai comigo; arriba
brillan as estrelas e abaixo brillamos nós…».
Diferentes xeitos de facer os farois:
https://ceradecolores.com/blog/2017/11/06/diy-farolillo-fiesta-san-martin/
https://demicasaalmundo.com/diy-farolillos-de-papel-para-san-martin/
Outra
opción que me gusta moito pola súa sinxeleza e pola súa facilidade
de atopar os materiais sería empregando botellas de plástico de
auga ou refrescos, cortándoos a unha certa altura e pegándolle
papeis diferentes con cola branca.
Facémoslle
dous buracos na parte de arriba, un enfronte do outro e colocámoslle
unha la ou unha corda e xa estaría lista.
Podemos
coller ramiñas cos nenos e nenas para poder levar o faloriño.
Poríamos
unha candea dentro, que pode ser de verdade ou led para evitar
posibles accidentes.
Tamén
se podería facer con botes de cristal.
Todas estas imaxes pertencen a Ariane Goés (Cera de colores)
Algunhas
versións das cancións:
https://www.youtube.com/watch?v=gCF9aBwCTK8
Aínda
que a letra que eu canto é, en castelán:
“Yo
voy con mi farolillo,
y
mi farolillo conmigo,
arriba
brillan las estrellas,
abajo
yo y mis amigos.
Y
si hace frío,
me
pongo el abrigo
y
sigo paseando el farol.
Y
si hace frío,
me
pongo el abrigo,
y
sigo paseando el farol.”
https://www.youtube.com/watch?v=-Lw-_D40XAg&list=PLe7d6LPJjOxbXMxWyi6PrpUXfgIEJ15VX
“Farol,
farol,
estrella,
luna y sol,
se
apagó la luz,
se
apagó la luz,
menos
la de mi farol.”
Con
todo isto, espero que espertase a vosa curiosidade e tamén o ánimo
para facelo.
Calquera
cousa que necesitedes ou dúbida que teñades podedes escribirme ao
meu correo: ariane.goes@edu.xunta.gal
Mil grazas!